Comarcas Vigo al minuto

Nigrán finaliza este luns o traslado dos libros á nova biblioteca

Conta con 50.000 exemplares

Conta con 50.000 exemplares

O Concello de Nigrán finalizará este luns o traslado de libros da vella á nova Biblioteca en Estrada pola Vía.

Os 50.000 exemplares xa ocupan os novos andeis tras contratar o Concello á mudanza a unha empresa especializada neste traballo. O goberno local calcula que precisará dúas semanas máis para poder abrir as portas ao público de xeito normalizado. 

Clases de música

Paralelamente, o obxectivo é que as clases da escola municipal de Música empecen antes xa no edificio da vella biblioteca como sede permanente desta actividade cultural do Concello.

A infraestrutura de Estrada pola Vía foi xa amoblado e dotada de equipamento informático as pasadas semanas pola empresa adxudicataria Sutega tras investir o Concello a tal efecto 169.158 € do Remanente de Tesourería. A caixa de correos para devolución de libros permanecerá operativa no Ceán mentres dure o traslado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.