Galicia Vigo al minuto

Pechada ao tráfico a entrada a Redondela pola Avenida Santa María

Durante 15 días por substitución das canalizacións

Durante 15 días por substitución das canalizacións

O Concello de Redondela vén de pechar ao tráfico a entrada ao casco urbano pola Avenida de Santa Mariña (dirección ao Bar Rivas) para, aproveitando ás obras de humanización da citada vía, proceder á substitución das canalizacións tanto de saneamento de pluviais e fecais coma de abastecemento de auga potable, redes que contan con preto de 50 anos de antigüidade.

A alcaldesa Digna Rivas explicou que as obras de humanización «non se teñen que facer só na parte visible, senón tamén no que non se ve, como a rede de abastecemento de auga potable e as de saneamento, que son fundamentais para prestar un servizo óptimo á veciñanza».

Desvío das liñas de autobús

Mentres duren os traballos, cun prazo estimado de 15 días, os autobuses de liña regular de Autos González e Monbus que circulen en dirección Pontevedra-Redondela-Vigo, recollerán ás e aos pasaxeiros nas paradas habituais situadas no semáforo da Avenida Santa Mariña (xusto antes das obras) e a carón do antigo cuartel da Garda Civil na estrada N-550.

En canto aos autobuses escolares que comezarán a circular o vindeiro día 8, deberán facelo entrando todos pola Praza de Ponteareas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.