Destacados Vigo al minuto

Verdegaia esixe ao Concello que diga onde vai a plantar as árbores de Martínez Garrido

Son Plataneiros de preto de 50 anos de idade

Son Plataneiros de preto de 50 anos de idade

A asociación ecoloxista Verdegaia vén de esixir ao Concello de Vigo que diga onde vai a plantar as árbores «arrincadas» esta semana en Martínez Garrido.

«Gran Vía, Ronda de Don Bosco, Castro, Gregorio Espino … atopamos exemplos en todos os barrios da cidade pero a desfeita desta semana en Martínez Garrido exemplifica claramente como o concello trata as árbores: como se foran mobiliario urbano«, apuntan dende a asocación.

Árbores de 50 anos

Verdegaia asegura que na contorna da Escola de idiomas o Concello retirou cos últimos Plataneiros que ficaban, «árbores con preto de 50 anos de vida; máis abaixo, preto da estación de buses, «arrincou algunhas das árbores que tiña plantado durante a ‘humanización’ dese treito da rúa«.

Segundo o Concello, engaden os ecoloxistas, «era algo necesario durante as obras de saneamento para… asegurar o tráfico».

Xa van 10 anos dende que se ‘humanizou’ o treito de Martínez Garrido máis próximo á estación de buses. «Daquela o Concello afirmou que as decenas de árbores retiradas serían transplantadas a unha zona verde. Os biólogos avisaron que a taxa de éxito na replantación de Plataneiros con corenta anos é practicamente nula e así foi. En poucos meses puidemos observar como as árbores, que foron transplantadas na zona verde do Polígono de Valadares, morrían todas«.

Repítese a historia

En 2022 «volve a repetirse a historia«. O concello, indican dende Verdegaia, afirma que os Plataneiros arrancados nas últimas semanas serán transplantados en varios sitios da cidade. A localización exacta non foi anunciada polo que Verdegaia acaba de presentar polo Rexistro Municipal unha petición formal para que o Goberno local, «en prol da transparencia», informe do paradeiro das árbores para que «poidamos facer un seguimento do seu estado».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.