Comarcas Vigo al minuto

Redondela presenta o programa para conmemorar o Día LGTBIQ+ r

A Casa do Concello e a ponte de madeira da Alameda Castelao iluminaranse coas cores do arco da vella

O luns, véspera do Día LGTBIQ+ a Casa do Concello e a ponte de madeira da Alameda Castelao iluminaranse coas cores do arco da vella

O Concello de Redondela vén de presentar o programa de actos que, con motivo da conmemoración do Día LGTBIQ+, se desenvolverán entre o luns 27 de xuño e o xoves 30 de xuño. Un programa elaborado pola Concellería de Igualdade en colaboración coas asociacións Pvlse de Vigo e Irisar de Redondela.

Luns,27

As actividades comezarán a véspera do Día LGTBIQ+, ás 12 horas terá lugar no multiúsos da Xunqueira a inauguración da exposición «Coñece LGTBIQ+» e, xa polo serán a Casa do Concello e a ponte de madeira da Alameda Castelao –que o fixo o pasado ano por primeira vez– tinguiranse coas cores do arco da vella nun acto simbólico que expresa o compromiso de Redondela coa diversidade.

Martes, 28, Día do Orgullo LGTBIQ+

martes 28, Día do Orgullo LGTBIQ+, ás 19 horas terá lugar a lectura do manifesto para, deseguido, proceder a inauguración do Mural da Diversidade na traseira do Multiúsos da Xunqueira.

A xornada rematará co concerto do grupo Girl’s Gang na pista da Xunqueira ás 20 horas que contará coa colaboración de Carolina Smith.

Xoves, 30

O día 30 de xuño ás 18 horas, e dirixido aos e ás máis pequenas, a Biblioteca Xela Arias de Chapela terá unha actividade de contacontos que se desenvolverá baixo o título Voando libres.

Este programa responde, en palabras da alcaldesa Digna Rivas, «a inequívoca intención do Goberno redondelán de seguir apostando por iniciativas que dean visibilidade a diversidade dentro da normalidade social«.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.