Comarcas Vigo al minuto

Xornadas de sexualidade nas persoas maiores

O venres e sábado en Nigrán

Concello de Nigrán súmase novamente coa Sociedade Galega de Sexoloxía (SOGASEX) á ‘Semana da Diversidade Sexual’ coa celebración este venres e sábado (3 e 4 de Xuño) no Auditorio Municipal dunhas xornadas adicadas á sexualidade nas persoas maiores.

Inscrición

Os interesados en asistir poden facelo presencialmente ou online inscribíndose previamente no enderezo de mail [email protected] para recibir os links pertinentes das videoconferencias. Toda a programación está a disposición dos interesados en www.sogasex.es.

Profesinais da sexoloxía

As xornada comezarán coa proposta anual de SOGASEX de mostrar imaxes e narrativas sobre as sexualidades, este ano abordarase o proceso de envellecer.

Para a realización deste retrato contarase coa presenza de diferentes persoas, desde profesionais da sexoloxía, da área sanitaria, docente e intervención social, a outras en representación de entidades educativas, sociosanitarias e culturais locais e do activismo sexual. Con eles haberá ponencias, coloquios, faladoiros. e, ademais, proxectaranse sendos documentais e unha película. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.