Galicia

O Consorcio de Augas do Louro inicia obras de saneamento en Herville e Abelenda

Darán servizo a preto de 600 persoas

O Consorcio de Augas do Louro iniciou esta semana a execución das obras de conexión da depuradora de Herville á rede de saneamento existente. Esta inicia permitirá garantir o cumprimento das esixencias medioambientais necesarias para manter o río Miñoteira en bo estado.

Saneamento no lugar de Abelenda

A actuación contempla tamén as obras para manter a depuradora fora da zona de servidume dese cauce e a execución dunha rede de saneamento no lugar de Abelenda, no Concello do Porriño.

Para isto tense proxectado un colector de 315 mm de diámetro e cunha lonxitude de preto de 1.800 metros, percorrendo o trazados os concellos de Mos e O Porriño.

As actuacións darán servizo a preto de 600 persoas

A EDAR de Herville está situada no marxe dereito dun regato, afluente do río da Miñoteira. Foi construída no ano 2011 para tratar os verquidos correspondentes a 450 habitantes equivalentes e un caudal de entrada de 135 m3/día.

Neste proxecto inclúese a execución das obras precisas para manter a EDAR de Hervill fóra da zona de servidume do cauce do río, así como a execución dos colectores necesarios para a conexión das augas residuais que chegan a este punto, á rede de saneamento existente.

Proxéctase un colector de PVC de 315 mm de diámetro cunha lonxitude total de 1.778 metros e garantirase a total estanqueidade dos pozos de rexistro e disporán de tapas estancas, para evitar a entrada de augas pluviais nos mesmos.

No proxecto preséntase un prazo de execución de 6 meses e un presuposto de execución por contrata de 289.754,31 €.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.