Cultura

Mil primaveiras máis para o Festival de Cans

Volverá as datas tradicionais: do 18 ao 21 de maio

A XIX edición do Festival de Cans regresará en 2022 ás súas datas habituais de primavera, e terá lugar entre o mércores 18 e o sábado 21 de maio, volvendo a coincidir en datas co Festival de Cannes francés, como xa é tradición.

Estas datas foron decididas pola asemblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do certame, e así o foi anticipando nos últimos días a veciñas e veciños que prestan as súas casas e jalpóns. Tamén ás principais institucións que apoian o certame como Concello do Porriño, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia ou Ministerio de Cultura, así como ós patrocinadores privados e empresas colaboradoras.

Máis cine

A organización ven traballando nas últimas semanas intensamente nos contidos e no deseño do que será a XIX edición, que seguirá inicialmente as liñas das dúas últimas, dando maior relevancia ás proxecións de cine, ás actividades, ós encontros e coloquios e ás actividades diurnas, sen renunciar ás actuacións musicais que configuran unha das partes relevantes do certame.

Prudencia ante a Covid

Do mesmo xeito que nas dúas últimas edicións, trasladadas ambas ó mes de setembro debido ós condicionantes da pandemia, a organización está a traballar coa máxima prudencia. A experiencia adquirida nas dúas últimas edicións, leva á organización a traballar en paralelo cunha marxe para tomar decisións en cada momento, de acordo co que vaia determinando as autoridades sanitarias. O certame avanza tamén que nos vindeiros días abrirase o prazo de envío de curtametraxes o obras a concurso.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.