Vigo al minuto

O Congreso dos Deputados aproba unha iniciativa para salvar o Naval de Vigo

A proposta do BNG

A Comisión de Industria, Comercio e Turismo do Congreso dos Deputados aprobou onte unha iniciativa, impulsada polo BNG, para que o Goberno do Estado active medidas para atallar a grave crise do sector naval de Vigo. O deputado do Blque, Néstor Rego, conseguiu o apoio a unha iniciativa que busca asegurar a continuidade de Barreras e recuperar a actividade en Vulcano (agora San Enrique). A proposta, que incorpora achegas de diferentes grupos políticos como PSOE, UP e PP, contou con 30 votos a favor dos 35 da Comisión.

Colaboración público-privada

1.         Impulsar a adopción das medidas necesarias para garantir a continuidade da actividade do estaleiro Barreiras e a continuación da mesma no antigo  Vulcano, así como para dar resposta á grave crise que padece o conxunto do sector naval de Vigo, accións que deberán ser desenvoltas de forma coordinada coa Consellería de Industria da Xunta de Galicia.

2.         Estudar un instrumento de colaboración público-privada entre os distintos estaleiros, empresas auxiliares e empresas transformadoras do metal na Ría de Vigo, para establecer sinerxias que permitan o desenvolvemento de proxectos, procesos e investimentos comúns.

Proxecto estratéxico para o sector

3.         Impulsar un proxecto estratéxico específico para o sector naval e as industrias auxiliares no marco dos fondos europeos  NEXT Generation  EU que permita unha transformación verde e dixital do sector e unha diversificación da súa actividade cara á fabricación de produtos desde unha perspectiva máis sostible e incluír á Administración Galega nas reunións que poidan promover co sector para a definición e alcance das axudas en favor da reactivación e modernización desta cadea de valor estratéxica.

4.         Promover ante a Comisión Europea a correspondente proposta de modificación do Real Decreto de delimitación da zona de promoción económica para Galicia, e así incluír ao naval entre os sectores  promocionábeis conforme á normativa de axudas rexionais. E unha vez obtida a autorización da Comisión, aprobar un novo Real Decreto no que se faga constar ao sector naval como  promocionábel.

Mesa do Naval

5.         Colaborar na procura e identificación de posibles socios investidores para facerse cargo da continuidade do estaleiro de Barreiras poñendo á súa disposición todos os instrumentos de financiamento e apoio de que se dispoñan.

6.         Continuar mantendo unha comunicación co sector naval e impulsar, se así o require o sector, a creación dunha Mesa do Naval, coa participación de todas as administracións, así como das organizacións sindicais e empresariais máis representativas para buscar solucións efectivas que garantan a viabilidade e continuidade do sector naval no noso país.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.