Galicia

Sanidade prorroga os contratos a 738 profesionais vinculados á pandemia da Covid

É unha medida necesaria á vista da actual situación sanitaria

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) prorroga os contratos a 738 profesionais vinculados á loita contra a pandemia da COVID. Todos eles estarán vinculados á sanidade pública galega, cando menos, ata marzo de 2022, como recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Sanidade informa nunha nota enviada aos medios de comunicación, que a actual situación sanitaria actual fai necesaria a «continuidade das medidas de contratación emprendidas para reforzar as unidades e dispositivos asistenciais máis vinculados á prevención, protección e seguimento da poboación galega contra o coronavirus».

Moitos dos contratos acababan antes de fin de ano

A Xunta indica que «moitos dos contratos tiñan previsto a súa finalización antes de terminar este ano, vinculados á situación de emerxencia sanitaria». En concreto son os de reforzo en Atención Primaria, Urxencias, hospitalización, UCI, cribados ou probas.

Sanidade a os sindicatos acordaron prorrogar tres meses máis estes contratos que afectan a 488 traballadores sanitarios. Deles 284 son da categoría de enfermeira; 155 de técnicos en coidados auxiliares de Enfermería; 55 de técnico superior de laboratorio de diagnóstico clínico; 9 de técnicos superiores en imaxe para o diagnóstico e 5 de enfermeiro.

Polo que se refire ao persoal non sanitario, son 135 traballadores: 56 de auxiliares da función administrativa; 55 de celador; 20 de persoal de servizos xerais e 4 de técnicos superiores en prevención de riscos laborais.

115 profesionais Enfermería

Na mesma liña, prorróganse seis meses máis os contratos de continuidade realizados a 115 profesionais de Enfermería, que tiñan unha duración inicial de 12 meses.

A prórroga dos contratos a 738 profesionais explícase polo «o obxectivo de dispor, en todo momento, dos recursos humanos suficientes para dar a adecuada resposta asistencial ante novos contaxios».


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.