Vigo al minuto

Centos de persoas apoian nas rúas da cidade ao Naval de Vigo

O sector, que xa perdeu 5.900 empregos na comarca viguesa, está en perigo de desaparición

Vigo, manifestación do Naval, martes 23 de novembro de 2021

Feijóo, escoita o Naval está en loita!» Con este lema, centos de persoas, moitas menos das agardadas, apoiaron hoxe a convocatoria da Unión Comarcal da CIG e a federación de Industria e sairon en manifestación en defensa do sector naval de Vigo que, lembraron os organizadores, atravesa un «momento crítico».

Perdéronse 5.900 empregos

A marcha a pé arrincou dende A Dobrada ás 7 de tarde e rematou diante da delegación da Xunta, en Concepción Arenal onde reiterouse que o naval, «un sector estratéxico para Galiza e fundamental na comarca«, perdeu xa, so na ría de Vigo 5.900 empregos.

Dende hai anos esta industria atravesa unha profunda crise  que ameaza a máis de 17.000 traballadores e coa desparición do propio sector. Diso dan boa proba a agonía” de Vulcano, co Porto de Vigo dándolle “a estocada final”; ao que se engade a escasa actividade de Metalships e o abandono de Barreras, tanto pola Administración central como pola autonómica, “relegando así a Galiza como líder na construción naval do Estado español”.

Intervención pública

Por iso, os manifestantes esixiron que as Administracións interveñan «decididamente» como única solución para manter este sector chave para a comarca de Vigo e para o conxunto da economía do país. “Hai que poñer en marcha a Mesa do Naval para a Ría de Vigo na que abordar as solucións reais que aseguren a continuidade da actividade e do emprego no sector”, sinalaron os representantes da CIG.

Un instante da manifestación do Naval, hoxe en Vigo

Garantir a continuidade de Barreras e recuperar Vulcano

Os mesmos apostan por garantir a continuidade de Barreras como estaleiro punteiro a través do proceso de retorno ao sector público. E no caso da antiga Vulcano, recuperar a actividade nas instalacións mantendo a concesión actual do Porto de Vigo para a construción e reparación naval.

Así mesmo, reclaman a conformación dun holding entre os distintos estaleiros, empresas auxiliares e compañías
transformadoras
 do metal na Ría de Vigo, con participación pública e privada, para proxectos conxuntos como centrais de compras comúns, deseño, etc. Así como a diversificación da oferta para aumentar a carga de traballo con contratos firmes para construír e garantir o financiamento para desenvolver os proxectos. “Ademais de afondar na formación dos traballadores/as e na creación de condicións laborais dignas que garantan a continuidade dos postos
de traballo para recuperar os profesionais emigrados”

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.