Destacados Vigo al minuto

Vigo emite o dobre de gases contaminantes que o recomendado pola OMS

O BNG pide medidas ante o «desinterese do Goberno local»

Vigo emite o dobre de gases contaminantes que o recomendado pola OMS

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo vén de reclamar explicacións este luns ao Goberno municipal sobre os avances en materia medioambiental. Dende o Bloque apuntan a que xa pasaron máis de dous anos da declaración de emerxencia climática na cidade, aprobada por unanimidade no Pleno en setembro de 2019.

O BNG trasladou esta cuestión ao goberno local na última comisión informativa de Medio Ambiente ante o «desinterese e a falta de medidas despregadas neste tempo».

«Un Vigo con futuro só pode ser un Vigo en verde»

“Xa advertimos que esta declaración non podía ficar en papel mollado”, subliñou o portavoz municipal, Xabier P. Igrexas. “Queremos que Abel Caballero e o seu goberno expliquen se van mantela como un brinde ao sol ou imos afrontar a serio este reto ambiental”, explicou Igrexas, que chamou a apostar por «un Vigo con futuro, que só pode ser un Vigo en verde”.

O concelleiro do BNG exemplificou o «desleixo do actual Goberno municipal» recordando que o Consello Sectorial de Medio Ambiente, máximo organismo consultivo do Concello de Vigo nesta materia, leva máis dunha década sen realizar unha reunión. “Para alén das declaracións de intencións e dos discursos, o que vemos é un Goberno que lle vira as costas a unha cuestión esencial, estratéxica e urxente”, manifestou.

Cidade ecolóxicamente sustentábel

Igrexas defendeu que avanzar cara “un modelo de cidade ecoloxicamente sustentábel debe ser unha prioridade na axenda política municipal”. Así, salientou que Vigo segue a emitir na actualidade o duplo de gases contaminantes que recomendan os niveis da Organización Mundial da Saúde e ten un elevado tráfico rodado, con máis de 150 mil coches rexistrados.

“Non existe unha alternativa real á utilización do vehículo privado por insistir nun modelo de autobús urbano obsoleto, deseñado nos anos 90. Non conta coas frecuencias necesarias e ten un mapa de liñas que non responde ás necesidades do conxunto dos barrios e das parroquias nunha cidade tan extensa e complexa como Vigo”, explicou Igrexas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.