Comarcas

Salceda continúa coa rehabilitación do Centro de Desenvolvemento Local

O Concello acaba de renovar o invernadoiro e acondicionar o seu perímetro

Os traballos de acondicionamento, que tiveron unha duración aproximada de 10 días, iniciáronse coa limpeza e desbroce do perímetro onde se ubica o invernadoiro, tanto no interior como no exterior, posteriormente realizouse a reparación da estrutura e o cambio do plástico da cuberta.

Educación ambiental

Trátase dunha rehabilitación que reviste un especial interese para poder desenvolver o programa de accións formativas e de concienciación no que se está a traballar dende as concellerías de Emprego e Formación, que dirixe a propia alcaldesa de Salceda, e Medio Ambiente, responsabilidade de Rubén González. Ambas concellerías traballan conxuntamente para o desenrolo de actividades de educación ambiental.

Obradoiro Dual de Emprego

O invernadoiro que se encontra na zona do CDL será tamén unha das instalacións que se utilizará para o desenvolvemento do Obradoiro Dual de Emprego «Sustentable» que dará comezo nos vindeiros días. Un obradoiro que se levará a cabo xunto co Concello de Salvaterra de Miño e que recibiu unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade.

O obradoiro executarase na súa parte formativa no Centro de Desenvolvemento Local O Torrón de Salceda , e na súa parte de alternancia de traballo e práctica profesional en espazos dos dous concellos.

A rehabilitación do invernadoiro, que se atopaba nun estado de deterioro importante, permitirá que as persoas que participan na especialidade de Forestal-xardinería do Obradoiro teñan as mellores instalacións para a posta en práctica dos seus aprendizaxes.

A alcaldesa, Verónica Tourón, subliña que «continuamos traballando no aproveitamento dos espazos e instalacións das que dispoñemos para mellorar e aumentar os servizos á veciñanza, neste caso tendo como obxectivo a educación ambiental, a formación e a mellora da empregabilidade.»

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.