Galicia

A educación rural de Tomiño gaña alumnado

O CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés, ten neste curso 140 alumnos e alumnas, un 10 % máis que no pasado

O rural gaña alumnos e alumnas en Tomiño, unha situación que choca contra a realidade galega, e que reafirma a aposta polo sistema educativo de proximidade no concello.

O Colexio Rural Agrupado (CRA) Mestre Manuel Garcés de Tomiño conta este curso con 140 nenos e nenas, repartidos nas 13 aulas espalladas polo municipio, un 10 % máis que o ano pasado.

«Bo facer do persoal do centro»

A concelleira de Educación, Cristina Martínez, alédase do maior interese da veciñanza na educación rural e lembra que «é froito do bo facer do persoal do centro e tamén do apoio constante que lle concede o Concello ao CRA».

Recentemente o goberno municipal investiu máis de 30.000 euros para dotar a escola dunha biblioteca principal actualizada e eficiente, ademais de realizar obras de mantemento en todos os períodos vacacionais para que os nenos e nenas poidan desfrutar das instalacións no seu mellor estado. 

Profesionais especializados

O Mestre Manuel Garcés conta con 16 mestres de Educación Infantil, profesorado especialista de psicomotricidade, música, inglés, pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe. Dispón ademais dun departamento de orientación propio e con persoal coidador para atender aos nenos con necesidades especiais.

Un persoal «imprescindíbel» para poder ofrecer «un servizo de calidade, de proximidade e de valores ás familias», que fai do centro unha alternativa que vertebra «a educación nas parroquias máis rurais do noso concello», conclúe a concelleira.

Un incremento constante nos últimos anos

As cifras do CRA son un exemplo máis de que a demografía en Tomiño non responde como na maioría do rural galego. O número de persoas matriculadas nos distintos centros educativos do municipio medrou durante os últimos anos, e suma agora 1.396 alumnos e alumnas, cabe destacar tamén o incremento do alumnado no instituto Antón Alonso Ríos, pasou de 551 a 568 no curso actual

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.