Destacados Vigo al minuto

As obras da nova potabilizadora de Vigo comezarán en outubro

O alcalde di que non subirá o recibo da auga e a oposición que xa subiu hai meses

O alcalde confirmou hoxe que as obras de modernización da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de O Casal comezarán «a mediados de outubro».

As mesmas, terán un prazo de execución de 18 meses e, como adiantara vigoalminuto, un orzamento de 22.800.000€, «con cargo á empresa concesionaria da auga en Vigo – Aqualia – dentro do Plan de Inversións asinado ata 2026″, comentou Caballero.

«Sen subir un céntimo o recibo da auga»…que a oposición denuncia que xa subiu hai meses

Abel Caballero apuntou que o coste da ETAP a paga integramente Aqualia «sen subir nin un céntimo a factura da auga na cidade”. Esta afirmación foi desmentida, reiteradamente, pola oposición no Concello: así, Rubén Pérez, voceiro de Marea de Vigo, subliñou que os vigueses pagarán as obras da ETAP co aumento da ‘tarifa fixa’ do recibo da auga que pasou de 7,6 a 28,62€, cantidad que se pasa aos consumidores, con independencia da auga que consumen.

A Xunta non pon ni 1 euro

O alcalde reprochou á Xunta “que non pague o que lle corresponde” dado que, explicou , a ETAP do Casal aporta auga potable a Moaña, Cangas, zonas de Mos e Redondela e “a Xunta desenténdese aínda que potabilizadora é supramunicipal”. Concretamente, Caballero cifrou nun 16% a cantidade de auga que cede Vigo aos municipios aos que tamén subministra a potabilizadora da rúa Cantabria.

Abel Caballero insistiu en que “non hai nada tan importante como a auga” e que coa nova ETAP “imos duplicar a capacidade de potabilización” e aseguro que “ Vigo vai estar preparada para ter auga potable os próximos cen anos”. .O proxecto, subliñou, incrementa a capacidade da planta, pasando dos 900 litros de auga tratada por segundo a unha primeira fase de 1.500 e logo de 2.200 litros por segundo.

Como xa explicara hai días, o alcalde concluiu indicando que o fin desta remodelación da potabilizadora é incorporar as novas tecnoloxías, adaptala ao novo marco normativo e modernizala coas novas técnicas de potabilización da auga. Caballero afirmou que “en Vigo temos a mellor auga de España e coa nova ETAP será aínda mellor”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.