Galicia

O 2º exercicio da oposición para cubrir 438 prazas administrativas da Xunta será os días 27 e 28 deste mes

Ás probas están convocados un total de 4.406 aspirantes

A Xunta vén de anunciar as datas do segundo exercicio para cubrir 97 prazas do corpo administrativo C1 e 341 prazas do corpo auxiliar C2 da Administración galega.

As probas, ás que están convocados un total de 4.406 aspirantes, celebraranse os vindeiros 27 e 28 de setembro no recinto da Feira Internacional de Silleda.

O luns 27 terá lugar o segundo exercicio para acceder ao corpo
administrativo C1/grupo III
ao que están convocados un total de 1.469 aspirantes. A continuación, o martes 28 será a quenda do segundo exercicio para o corpo auxiliar C2/grupo IV con 2.937 opositores convocados.

Protocolo de seguridade

A pandemia do coronavirus e as restricións establecidas para controlar a súa evolución obriga a adaptar as formas e secuencias de celebración das probas para garantir a súa realización coa maior seguridade posible.

Neste sentido, a Xunta informa de que «os exames celebraranse no recinto feiral de Silleda con todas as garantías sanitarias, logo de que as autoridades sanitarias autorizaran a súa realización seguindo un protocolo de actuación que garante a súa realización con seguridade e conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade».

Este protocolo establece que só se permitirá o acceso aos edificios aos aspirantes que realicen os exercicios e ao persoal implicado no desenvolvemento das probas polo que os opositores deben acudir soas salvo que precisen asistencia.

Deben presentarse á hora indicada na convocatoria, non con antelación; e gardar sempre a distancia de seguridade; será obrigatorio o uso de máscara durante todo o proceso e o emprego de xel hidroalcohólico para entrar nos pavillóns.

Os seus obxectos persoais deben ser os mínimos imprescindibles e non se poderá compartir material. Ademais, ventilaranse os pavillóns e manteranse as portas abertas durante a realización dos exercicios, sempre e cando non se provoque unha situación inconfortable polas correntes de aire ou derivada do ruído.

Podes consultar toda a información relativa ás probas e ás medidas de seguridade entrando en https://www.xunta.gal/funcion-publica.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.