Galicia Vigo al minuto

Nova manifestación este sábado en Vigo en defensa da Escola Infantil Santa Marta

A Concellaría de Educación «non garante a apertura de matrícula para as 3 liñas (0-3 anos)»

FOANPAS xunto con ANPA ‘O Tranvía’, ANPA do CEIP Ramón y Cajal,
Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello e máis as traballadoras e representantes sindicais, convocan unha nova manifestación ás 12.00h do vindeiro sábado, 13 de marzo do 2021, na defensa da Escola Infantil Municipal Santa Marta.

O percorrido será: saída no cruce de Santa Marta e Torrecedeira, seguirá por esta rúa e Praza de Xoán XXIII.

O Concello fai desaparecer unha Escola Infantil do Barrio do Cura

A devandita convocatoria ven motivada pola ausencia, aínda, dunha
solución axeitada para a derruba da escola. Pola súa banda, o Concello propón unha localización para a nova EIM Santa Marta que «non é a mellor ubicación posíbel por afastar á escola da zona vella».

O Goberno local «fai desaparecer unha escola infantil do Barrio do Cura, deixando orfa de oferta pública a esa parte da cidade, e no seu lugar propón o emprazamento nunha área onde xa hai outra alternativa moi preto (EIM Tomás Alonso)».

A Concellaría de Educación, que dirixe Gorka Gómez, «non garante a apertura de matrícula para as 3 liñas (0-3 anos)».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.