Galicia Vigo al minuto

Policías locais de paisano vixiarán Vigo para ‘coller’ aos autores de pintadas

Persoal de limpeza traballa na limpeza dos graffitis

O Concello vén de poñer en marcha un plan especial para acabar cos actos vandálicos.

Onte o alcalde anunciou unha campaña para borrar todas as pintadas e o «vandalismo con grafittis”. Os traballos xa comezaron con dous equipos con cinco operarios e dous sistemas diferentes.

Así, os servizos de limpeza contan cun vehículo hidrolimpador, dotado con auga quente a presión, e un depósito de 800 litros e outro cun sistema de hidroareador de alta e baixa presión.

Segundo explicou o alcalde, en función do tipo de superficie a tratar e das características das pintadas, aplícanse diferentes técnicas de cepillado, auga nebulizada, proxección de áridos, raspado, limpeza con ácidos e axentes tensioactivos, decapantes ou resustitución da integridade da superficie tratada.

Os equipos vanse centrar en Cervantes, Urzaiz e María Berdiales, pero xa actuaron nun total de 39 rúas.

Policías de paisano para dar cos responsábeis das pintadas

Abel Caballero avanzou que o Concello vai a mobilizar policías de paisano para actuar contra os responsables das pintadas e evitar que «campen as súas anchas pintando a cidade de forma indesexable”, sinalou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.