Galicia Vigo al minuto

Marea de Vigo pide a apertura controlada de todos os parques infantís

Esixe ao Concello unha «política seria» de desinfección permanente

En Vigo apenas se manteñen na actualidade tres parques dispoñibles. «Este- formato do Concello de facer macro parques infantís en lugar de facer parques máis pequenos que-queden máis facilmente diseminados nunha zona xeográfica están xerando un efecto de masificación como o que se puido ver esta fin de semana na rúa Venezuela», denuncia o voceiro municipal de Marea de Vigo.

Para Rubén Pérez a «a decisión do. Goberno local de non mantelos abertos redúcese ao aforro en canto aos custos de desinfección permanente que significaría manter estas áreas abertas» engade.

O Ministerio de Sanidade pide que se manteñan abertos

Dende o Ministerio de Sanidade pediuse aos Concellos recentemente que mantiveran abertas estas áreas recreativas en exteriores, incluso sendo preciso que haxa persoal para controlar o aforo. «Trátase dunha medida excepcional para levar a cabo de xeito inmediato, permitindo evitar así as aglomeracións nos macro parques» engade o voceiro.

Menos ‘macro parques’ e máis parques en máis zonas

Rubén Pérez sinala ademais que «o modelo dos macro parques, xa con independencia do momento que vivimos é un modelo que non defendemos, por cuestións tan básicas como as que teñen que ver coa seguridade dos nenos e nenas, sendo nestes parques máis complicado para os pais poder velos/as correctamente». En lugar de facer estes macro parques, trataríase de facer máis parques en distintas zonas.

«Sabemos que o Concello non pretende emendar esta política de grandes parques cuxo custo en mantemento é moi alto, mesmo está a proxectar un novo na rúa Coruña, mais o que pedimos hoxe é que se abran todos os parques infantís e áreas biosaudables, mantendo unha política seria de desinfección permanente e varias veces ao día, e se contrate ao persoal necesario tanto para isto como para controlar os aforos. É algo que consideramos se debe facer mentres non estea a vacina xeralizada e polo tanto, desapareza o virus» enfatiza Rubén Pérez.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.