Galicia Vigo al minuto

O Festival de Cans será este ano a primeira semana de setembro

A idea da organización é actuar con prudencia nos vindeiros meses, agardando a evolución da pandemia, mentres se asenta o proceso de vacinación da poboación

Oliver Laxe

A asemblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, decidiu as datas nas que terá lugar a XVIII edición do Festival de Cans, que neste 2021 volverá celebrarse na primeira semana do mes de setembro, en concreto entre o mércores 1 e o sábado 4.

Decidiu repetir este ano unhas datas semellantes ás da pasada edición, e non retornar por agora ás súas datas orixinais de maio. A idea da organización é actuar con prudencia nos vindeiros meses, agardando a evolución da pandemia, mentres se asenta o proceso de vacinación da poboación. 

Desde a organización, xa se foi comunicando esta data nas últimas semanas ós principais patrocinadores, institucións, e sobre todo ás veciñas e veciños que colaboran habitualmente co festival, ós que agradece o seu apoio incondicional en todo momento.

3.000 persoas en 2020

O pasado ano, arredor de 3.000 persoas pasaron por Cans no mes de setembro, para participar en todas as actividades do festival, realizado con estrictas medidas de seguridade e de máxima hixiene sanitaria, seguindo todas as normas de distanciamento. O festival optou tamén por vías seguras e alternativas á presenza física, como a retransmisión en streaming das principais actividades, que acadaron a extraordinaria cifra de máis de 3.000 espectadores complementarios, que poideron seguir o festival desde as súas casas. 

Ademais, prevéronsen medidas como trazar un «escudo protector» sobre as persoas maiores da aldea e diminuir tamén o número de jalpóns, xunto cunha redución do aforo. Mesmo nestas circunstancias excepcionais, o festival discurriu con total normalidade, e desde a organización agárdase que a situación sanitaria poida mellorar ó longo dos próximos meses.

Partindo da experiencia adquirida o pasado ano, a organización garante que traballará con prudencia e coa máxima responsabilidade.
Nos vindeiros días, o festival comunicará as datas estipuladas para o envío de obras a concurso e os prazos marcados. Varias son as novidades que se aplicarán con respecto a edicións anteriores. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.