Galicia Vigo al minuto

O BNG propón que unha empresa muncipal xestione o estacionamento en Vigo

Para o Bloque os 7,5 millóns en indemnizacións polos parkins de Coia e Jenaro de la Fuente amosan que o modelo privado é «ineficiente e ruinoso»

O Bloque Nacionalista Galego propón que o Concello de Vigo se dote dunha empresa pública municipal desde a que xestionar o estacionamento da cidade.

Dende o BNG deféndese unha xestión pública «para evitar novos fiascos» como os dos aparcamentos de Coia e Jenaro de la Fuente polos que agora o Concello ten que aboar indemnizacións millonarias.

7,5 millóns en indemnizacións amosan que o modelo privado é «ineficiente e ruinoso«

O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, sostén que a indemnización por importe de 7,5 millóns de euros ás empresas que xestionaban eses dous aparcamentos soterrados, demostra que o «o modelo de concesión privada para xestionar aparcamentos demostrouse ineficiente e ruinoso para a cidade. É un modelo fracasado e do pasado que cómpre superar».

Xestión pública dos aparcamentos soterrados e da XER

A este respeito, Igrexas defendeu que «non abonda con laiarse das consecuencias deste modelo, senón en tomar decisións para evitar que estas situacións volvan producirse». Con ese obxectivo propoñen a constitución dunha empresa municipal desde a que asumir a xestión integral do estacionamento da cidade, incluíndo tanto os aparcamentos soterrados como a XER.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.