Galicia Vigo al minuto

Veciños de Teis piden ao Concello que plante árbores autóctonas na Guía

Aseguran que evitarían o regreso de especies invasoras, como o eucaliptos e acacias

A Asociación Veciñal de Teis, demanda do Concello que realice unha plantación de arbores autóctonas no monte da Guía. Desde o pasado mes de decembro, o Concello encargou a unha empresa a tala de arbores na súa maioría eucaliptos e acacias, no entorno da baixada ao club de remo, en terreos municipais e privados.

O pasado 5 de xaneiro está Asociación dirixiuse por correo electrónico e logo polo rexistro a Concellaría de Parques e Xardíns, solicitando información sobre cal era os motivos desta tala, a necesidade de realizar unha plantación de arbores autóctonas nestes terreos e que o Concello mercara aqueles que son privados.

Evitar que regresen as especies invasoras

A plantación de arbores autóctonas ( carballos, castiñeiros, bidueiros ou sobreiras) evitaría que en poucos anos nestes terreos estén ocupados novamente por eucaliptos e acacias, arbores invasoras e así poder cunha nova masa forestal no monte da Guía.

Desde a Asociación, tamén reivindican que o Concello merque os terreos privados onde se realizou a tala, ao estár abandonados. Isto suporía, posto que están no entorno da praia da Punta e do paseo do borde do litoral, aumentar o espazos de lecer e esparcemento na praia e no monte.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.