'Qué te cuentas?' Destacados

Veciños de Teis lamentan que o alcalde estea en contra da construción da residencia de maiores na ETEA

Abel Caballero ten que esixir á Xunta que non haxa máis demora na construción da residencia de maiores,

En relación as declaracións de Abel Caballero, que considera unha « ocorrencia « e unha » mala decisión » , proxectar unha residencia de maiores nos terreos da ETEA, a Asociación Veciñal de Teis, considera «impresentabel, que se intente boicotear a construción desta residencia» cando non existe un mellor emprazamento na parroquia.

A Asociación Veciñal de Teis foi uns dos colectivos de Teis, que propuxo que nos terreos da ETEA, houbera unha residencia pública para maiores e nunca foi contaria a que construan máis centros na parroquia, pero priorizando este proxecto.

Non so para uso educativo e investigador

Os veciños non comparten que os terreos da ETEA teñan que destinarse, case en exclusividade, para uso educativo e investigador. Neste senso, lembran que «nestes momentos, están sen desenvolverse ningún dos tres ambitos do plan sectorial para o uso educativo ou investigador».

A Asociación, desde a saída dos militares no ano 2002, esixe que estes terreos se recuperen para Teis, dotando á parroquia de mellores servizos e facilitando a recuperación do litoral.

 Isto debe ser compatible co Campús do Mar, que a Asociación sempre apoiou «incluso cando Abel Caballero, estivo boicoteando  o proxecto,  poñendo en perigo que fora nos terreos da ETEA».

Retraso da Xunta

«O problema da residencia de maiores en Teis, non é un problema de terreos, a cuestión e a demora na execución do proxecto», sinalan dende a asociación veciñal. Subliñan que o mesmo fora anunciado o 2 de marzo de 2017, polo daquela conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, que visitou o edificio onde se construiría a residencia pública  de maiores na ETEA «e tres anos despois aínda non comezaron as obras«.

Por iso, entenden que o alcalde ten que esixir á Xunta que non haxa máis demora na construción da residencia de maiores, «pero parece máis interesado en impedir desenvolvemento da ETEA e a construción de dotacións para Teis».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.