'Qué te cuentas?' Galicia

O número de lanzamentos executados en Galicia baixa nun 87,4 % pola COVID-19

Os procedementos de execución hipotecaria descenden nun 92,9%

A suspensión dos prazos procesuais, pola declaración do ‘Estado de Alarma’, provocou un descenso da actividade dos xulgados.

Así o indica o informe ‘Efectos da crise económica nos órganos xudiciais’, difundido este venres . O documento, publicado polo Consello Xeral do Poder Xudicial, evidencia que os lanzamentos practicados en Galicia entre o 1 de abril e o 30 de xuño experimentaron un descenso do 87,4 %. Exactamente, pasaron de 657 en 2019 a 83 este ano. No conxunto do Estado, os lanzamentos executados descenderon un 90,6 %.

Dos rexistrados en Galicia, 10 producíronse como consecuencia de procedementos de execución hipotecaria, fronte aos 140 que se realizaron en 2019. Isto supón unha baixada interanual do 92,9 %.

Como consecuencia de procedementos derivados da Lei de arrendamentos urbanos rexistráronse 70, un 86 % menos que no período anterior, cando se contabilizaron 501. Os lanzamentos enmarcados no apartado de «outras causas» pasaron de 16 o ano pasado a 3 no segundo trimestre de 2020.

As execucións hipotecarias iniciadas en Galicia entre o 1 de abril e o 30 de xuño baixaron un 27,3 %. No segundo trimestre do ano presentáronse 125 procedementos que permiten esixir o pago das débedas garantidas por peñor ou hipoteca ao acredor, fronte ás 172 do ano anterior.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.