Vigo al minuto

@bngvigo propón protexer o arborado urbano logo do suceso de Ronda de Don Bosco

Álerta do»permanente arboricidio» por parte do goberno de Abel Caballero

Humanización Ronda Don Bosco Vigo

O BNG propuxo este xoves que Vigo se dote dun protocolo de protección do arborado urbano en todas as obras públicas da cidade.

Esta norma serviría para evitar que se volvan producir situacións como a do tronzado de dous cedros singulares na ronda e Don Bosco.

O Bloque considera «inxustificábel» que a falla de supervisión municipais e de medidas preventivas nunha obra pública, non se faga efectivo o compromiso de manter estes dous exemplares protexidos e catalogados.

Nova ordenanza fronte ao «arboricidio«

O concelleiro do BNG en Vigo reitera a mensaxe de que «as árbores non son ornamento, nin cousas, son seres vivos que xogan un papel fundamental do punto de vista ambiental para a cidade».

Xabier P.Igrexas entende que as súa proposta é precisa ante a política de «permanente arboricidio» por parte do goberno de Abel Caballero.

«Temos que despregar unha normativa municipal que estea á altura da conciencia ecóloxica da veciñanza viguesa», sinala o concelleiro do BNG.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.