'Qué te cuentas?' Comarcas

@COGAMI_Galicia inicia en Salvaterra un curso de Recepcionista-Telefonista para persoas con discapacidade

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia un curso de Recepcionista-Telefonista que se imparte na Casa da Cultura do Concello de Salvaterra.

Esta formación, que financia a Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo, consta de 200 horas de teoría e práctica que se imparten ata o día 29 de abril, en horario de 9 a 14 horas, e está dividida nos seguintes módulos: Ofimática Básica, Operacións básicas administrativas ademais de Técnicas básicas, recepción, atención chamadas e
comunicación.

O curso remata ao finalizar as 50 horas de prácticas non laborais que se imparten dende o 16 ata o 29 de abril en empresas da zona que colaboran con COGAMI para a formación.

O curso inicia con 12 persoas, 9 mulleres e 3 homes, todas elas con certificado de discapacidade do 33% como mínimo, con idades comprendidas entre os 30 e os 60 anos, que proceden dos concellos Salvaterra e Ponteareas. O obxectivo xeral desta acción formativa é proporcionar ao alumnado o coñecemento das técnicas de recepción e atención ao cliente. A maioría das persoas que forman parte do curso traballaron anteriormente en sectores diversos como limpeza, industria alimentaria, vendas, loxística e hostalería.

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora con 388 persoas inscritas na
comarca de O Condado, das que 91 residen no concello de Salvaterra.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.