Destacados Vigo al minuto

Vigo Histórico e @Greenpeace chaman a disfrazarse de árbore para reclamar que non se faga o túnel de Elduayen

O vindeiro sábado, día 22, ás 12:30 h. xunto á Oliveira, no Paseo de Alfonso, o colectivo #VigoHistórico, acompañado dos colectivos e asociacións ecoloxistas Greenpeace, ADEGA, Ecoloxistas en Acción, Amigos da Terra e Fridays For Future, fará lectura dun manifesto conxunto «por un centro de Vigo peonil pero sen túnel», reclamando que «o Concello busque reducir fumes e non soterralos».  

Como acostuma VigoHistorico, acompañará o acto reivindicativo cunha acción lúdica para poñer en valor os espazos que o túnel estragará. Nesta ocasión, coincidindo co Entroido, invitará a disfrazarse de árbore, xa que ultimamente tenden a desaparecer do centro, e a tomar un vermú por un Vigo sen Fumes, máis sostible. Baixo os lemas #VigoSenFumes, #EntroidoEnVerde

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.