Comarcas

@depo_es recupera o Campo da Feira da Devesa en Salceda de Caselas

A presidenta da Deputación visitou este martes, xunto á alcaldesa de Salceda, Dolores Castiñeiras, e a tenente de alcaldesa Verónica Tourón, dúas obras levadas a cabo con achegas da institución provincial neste concello cun investimento próximo a 1 millón de euros, a urbanización do antigo Campo da Feira da Devesa, incluída no Plan DepoRemse, e a actuación de mobilidade sostible na estrada provincial EP-2505 ao seu paso polo núcleo urbano.

En ambos casos, como subliñou Carmela Silva, son obras destinadas a mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade peonil, dentro da aposta da Deputación por un modelo de mobilidade «do século XXI, onde as persoas teñen que ser o centro, e as decisións máis relevantes para que isto sexa verdade pasan pola recuperación do espazo público para a xente, para que sinta que o pobo é dela».

Silva salientou que a reforma levada a cabo no antigo Campo da Feira da Devesa (a zona de entrada e saída da localidade), que fora o centro neurálxico e histórico da vila, permitiu habilitar «un espazo totalmente distinto e aberto, onde os peóns son os protagonistas e os vehículos son accesorios, porque é a xente a que vai desfrutar de todo esta zona».

A obra, cun orzamento de máis de 480.000€, permitiu dotar á vila, como engadiu a alcaldesa Dolores Castiñeiras, dunha nova praza «de estética fermosa» de 4.000 metros cadrados, que conta cunha área de xogos infantís e equipamentos para maiores. Amais, renováronse as redes de abastecemento e electricidade, e dotouse á contorna dunha nova iluminación en LED.

A presidenta tamén visitou a mellora realizada na EP-2505 ao seu paso polo núcleo urbano de Salceda (rúa Gándara), na que a Deputación investiu medio millón de euros. O obxectivo era humanizar esta contorna, habilitando espazos seguros para os peóns. A actuación realizouse nun tramo de 350 metros e incluíu tamén a reordenación da intersección entre a rúa Gándara e a avenida de Galicia cunha glorieta. A obra, conecta de maneira segura o centro urbano co espazo de lecer nas beiras do río Landres.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.