Galicia Vigo al minuto

#VigoSenBombeiros @bngvigo critica que a concelleira Espinosa dedicase máis tempo á offshore de Panamá que á folga de Bombeiros

Logo da sentenza xudicial que anula os servizos mínimos  decretados polo Concello na folga de bombeiros, o Bloque Nacionalista Galego reitera a súa  esixencia ao Goberno local para que inicie «de inmediato» un proceso de diálogo para resolver a «falla de medios humanos» que ten ao servizo nunha «situación límite».

O concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, subliñou que esta sentenza é o «segundo revés xudicial» recibido polo Goberno de Abel Caballero, após de que xa fose declarado ilegal o chamado decreto de permanencia, que forza a realización de horas extraordinarias, asinado polo daquela concelleiro de Seguridade, Carlos López Font. Para Igrexas revirte especial gravidade que na sentenza se recolla que a única motivación dos servizos mínimos do 100% fora, na práctica, «impedir o exercicio dun dereito fundamental como é a folga».

 Mesa de negociación

Desde o Bloque urxen que se convoque «de inmediato» unha mesa de negociación co Comité de Folga dos bombeiros, na que a través do diálogo se busquen solucións a un conflito que motivou a primeira folga indefinida no corpo na historia da cidade.

O representate municipal do Bloque criticou que a única resposta dada polo Goberno municipal até o momento fose «xordeira e autoritarismo» e denunciou o desleixo da concelleira de Seguridade, Elena Espinosa. «Espinosa fixo máis por tentar explicar a súa ligazón cunha sociedade offshore en Panamá que por resolver o conflito dos bombeiros», subliño o concelleiro do BNG.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.