Vigo al minuto

O uso do bus urbano medrou un 1,4% en Vigo o ano pasado, case a metade que o anterior

O #BNG pide á vista dos datos e preto do fin da concesión de Vitrasa, unha auditoría deste servizo

O BNG de Vigo vén de solicitar, logo de coñecer os datos do número de viaxeiros no bus urbano o ano pasado, que o Concello realice unha auditoría do mesmo «co obxectivo de melloralo».

Xabier P. Igrexas, concelleiro de #OBloque na cidade valorou que malia o incremento no número de usuarias e usuarios rexistrado, «ese aumento é case a metade do que se producira o ano anterior, concretamente dun +1,4% en 2019 fronte ao +2,6% de 2018″.

Uns datos que reflicten, para Igrexas, a necesidade de acometer unha «mellora substancial» do servizo para incrementar o número de viaxeiras e viaxeiros e reducir, desta maneira, a utilización do coche particular. Aliás, o edil nacionalista expresou a súa preocupación polo feito de que, segundo un recente informe elaborado por Moovit, Vigo sexa a segunda cidade do Estado, detrás de Burgos onde menos se usa o transbordo o que demostraría a deficiencia do actual mapa de liñas e a insuficiencia das frecuencias.  

Fin da concesión de Vitrasa 

Desde o Bloque defenden que ás portas de que finalice a actual concesión a Vitrasa é o momento máis axeitado para o Goberno municipal realizar unha auditoría completa do funcionamento do servizo, para «poder coñecer con indicadores fiábeis e obxectivos a calidade do servizo e para definir en que ámbitos hai que actuar para melloralo para o converter nunha opción para o conxunto da cidadanía», segundo apuntou Igrexas. Nese sentido, o portavoz municipal do BNG anticipou que «a realidade cotiá, a que palpan cada día millares de viguesas e vigueses que facemos uso do bus urbano é que é necesaria unha remodelación integral».

Mapa de liñas, frecuencias ou baixada do billete

Para o Bloque é necesario levan adiante unha revisión do mapa de liñas para conectar o conxunto dos barrios e parroquias e mellorar a conexión con infraestruturas básicas –como o novo hospital, o CUVI ou as terminais de transporte–, o aumento das frecuencias despregando máis buses e con máis persoal condutor, facilitar o transbordo cunha nova organización das cadencias horarias, a redución dos tempos de viaxe e a rebaixa das tarifas serían as cuestións a abordar nese proceso de orientado a lograr, segundo Igrexas, que Vigo teña un autobús urbano á altura dunha urbe de 300 mil habitantes e a principal cidade de Galicia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.