Galicia Sucesos

Dous mortos e 59 feridos en accidentes de tráfico en Galicia a pasada fin de semana

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana 61 persoas debido a 49 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 17, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo pasado, 19 de xaneiro.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 65. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en sete accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 50 sinistros e os equipos
sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes.

En 53 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron non lugar do sinistro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.