Galicia Vigo al minuto

Sanidade cede á Fundación Meniños un local en Vigo para o seu Programa de Atención Prenatal

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e a directora xeral da Fundación Meniños, Mónica Permuy López, asinaron este martes en Vigo un convenio que permitirá á cesión a esta asociación, a título gratuito, dunha sala no centro de saúde de San Paio de Navia.

Esto supónq que a Fundación Meniños disporá dun espazo para poñer en marcha o programa de atención prenatal e perinatal para nais en dificultade social na área sanitaria de Vigo.

Este programa, destinado a mulleres embarazadas en situación de vulnerabilidade social, ten como obxectivo xerar un espazo de coidado para as mulleres embarazadas que axude a rebaixar os seus niveis de estrés, así como facilitar a creación das condicións prenatais e de postparto axeitadas para a formación do vínculo afectivo san co bebé.

Ademáis, o programa tamén promove na nai a toma de conciencia da necesidade dun entorno familiar suficientemente bó e previr e detectar posibles problemas emocionais e de desenvolvemento nos nenos e nenas.

O Servizo Galego de Saúde colabora no desenvolvemento deste programa facilitando a coordinación desde o Servizo de Xestión Sociosanitaria da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, e a derivación de posibles usuarias detectadas polos profesionais da saúde (centros de saúde, hospital etc) ao programa.

O programa de atención prenatal e perinatal para nais en dificultade social está impulsado pola Fundación Meniños en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, e financiado pola Consellería de Política Social. Desde o ano 2017 o programa desenvólvese en Santiago de Compostela e durante o ano 2019 iniciouse a implantación en Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.