Vigo al minuto

@obloque sinala que a rebaixa nas peaxes ou a eliminación da de Rande dependen de que haxa orzamentos

O deputado do BNG Néstor Rego insiste en que o acordo co PSOE foi para a investidura, non para toda a lexislatura

Todos os acordos acadados entre o BNG e o PSOE para apoiar a investidura de Pedro Sánchez dependen para o seu cumprimento da aprobación duns novos orzamentos xerais do Estado.

O deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, recoñeceu que non será posible a rebaixa do 100% na peaxe da AP-9 para os condutores que vaia e volvan pola autoestrada no mesmo día, a eliminación da peaxe de Rande, a solución da crise do Naval, ou a mellora da rede ferroviaria, se non hai orzamentos para este ano.

O acordo actual co PSOE é de investidura, non de lexislatura

Do mesmo xeito, Rego lembrou que o acordo pechado cos socialistas-que abrangue outros temas coma o tratamento medioambiental das rías, a derogación da LOMCE, a Lei Mordaza ou a Reforma Laboral do PP; as medidas en dependencia e mellora dos servizos públicos- «é un acordo de investidura, non de lexislatura» e que o Goberno terá que negociar o voto favorable do BNG ao proxecto de orzamentos.

Medidas de calado para Galicia e para Vigo

O deputado nacionalista reivindicou a importancia de todas as medias acordadas «para o conxunto de Galicia e para Vigo», e estivo dacordo co concelleiro edo Bloque na cidade, Xabier P. Igrexas, en que o BNG logrou desatoar asuntos clave  «algo que o Partido Popular non fixo en dez anos», como a dinámica de subas da autoestrada; o proxecto de mellora da rede ferroviaria, a conexión do Eixo Atlántico e a saída cara a Portugal ou afrontar os «gravísimos problemas» de Vulcano e Barreras.

Neste sentido, Néstor Rego insistiu en que estará «vixiante e seremos moi insistentes, estando pendentes día a día» do cumprimento dos acordos e dos prazos» e, neste senso, lembrou que antes de dúas semanas haberá xa unha primeira xuntanza PSOE-BNG dentro da comisión de seguimento.

Ter unha ministra galega de Traballo «non garantiza nada»

En resposta á pregunta de vigoalminuto sobre si o nomeamento da galega Yolanda Díaz coma ministra de Traballo facilitaría a Galicia na toma de decisións coma a derogación da reforma laboral ou a solución da crise industrial, Rego sinalou que «xa tivemos antes ministros galegos en outros ministerios coma en Fomento [en referencia á popular Ana Pastor e ao socialista José Blanco] e non saímos moi ben parados, por iso ter unha ministra galega non é garantía de nada».

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.