Galicia Vigo al minuto

Vigo escenario dos Premios da Cultura Galega que renden homenaxe á ‘Movida Viguesa’

A Xunta escolleu Vigo como escenario da gala de entrega dos Premios da Cultura Galega, que o próximo martes, día 14 de xaneiro, renderá homenaxe ao fenómeno da ‘Movida viguesa’ como «elemento clave na identidade cultural da cidade e de toda Galicia», coincidindo co 40 aniversario do inicio deste movemento.

Os galardóns constitúen o maior recoñecemento outorgado en Galicia neste eido e buscan poñer en valor o esforzo e o
talento creativo da nosa Comunidade.

A gala, que se celebrará no teatro Afundación de Vigo, contará con actuacións que conectarán a escena contemporánea galega cos grandes referentes culturais de comezos dos anos 80. Así pois, actuarán artistas como as Tanxugueiras, a Escola de Danza Media Punta de Vigo ou Presumido, que será o encargado das transicións da gala. Ademais, terá lugar unha performance poética por parte do grupo Rompente a cargo de Antón Reixa, Manolo Romón e coa música de Julián Hernández, tres figuras sinaladas do panorama cultural vigués.

En paralelo, a artista baionesa Lula Goce elaborará un mural de gran formato con referencias á cidade de Vigo que formará parte da escenografía do acto e que, con posterioridade, será instalado nun espazo da cidade. Actualmente, Goce é unha artista de arte urbano con sona internacional que nos últimos tempos realizou murais a gran escala en
Nova York, Azerbaixán, Virginia ou Hannover.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.