Ciencia y Tecnología Destacados

O Complexo Hospitalario de Vigo participa nun ensaio mundial para mellorar o tratamento do traumatismo craneoencefálico

O servizo de Medicina Intensiva do Hospital Álvaro Cunqueiro ven de participar no ensaio clínico CRASH-3, que demostrou unha redución significativa do risco de morte relacionado con dano cerebral traumático cando se administra ácido tranexámico nas tres horas inmediatas tras un traumatismo craneoencefálico leve o moderado.

Ademais da sua eficacia avaliouse tamén a seguridade do tratamento. Os resultados desta investigación foron publicados na prestixiosa revista científica “Lancet”.

O promotor é a Escuela de Higiene y Medicina Tropical de Londres, dependente  da  Universidade de Londres e centro lider mundial en  saúde pública e medicina tropical .

Neste ensaio, estudáronse máis de 12.000 pacientes en 59 hospitais de todo o mundo nos últimos seis anos. Dos nove hospitais españois participantes, o Álvaro Cunqueiro foi o segundo que máis pacientes incluíu neste estudo, un total de 82.

Medicamento que evita as hemorraxias

O sangrado intracranial é común tras unha lesión cerebral traumática e aumenta a morte e a discapacidade relacionadas coa lesión na cabeza. A probabilidade de falecer ou sufrir secuelas depende, en gran maneira, da cantidade de tecido cerebral destruído.

A coordinadora e investigadora principal deste proxecto, a intensivista Mélida García Martul explica que, “a pesar dos avances observados nas últimas décadas na monitorización, diagnóstico e tratamento do traumatismo craneoencefálico, que se teñen traducido nun descenso da mortalidade nos países desenvolvidos, aínda un 50% destes pacientes experimentan secuelas significativas ao longo da súa vida. O ácido tranexámico é  un medicamento que actúa inhibindo a ruptura dos coágulos sanguíneos polo que é unha poderosa ferramenta para evitar as hemorraxias que sofren moitas persoas tras un traumatismo craneoencefálico”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.