Comarcas

@AsNevesConcello aumenta a en máis de 120.000€ a partida adicada a Benestar

As Neves terá en 2020 un «orzamento municipal de consenso e cun claro carácter social», segundo salientan o alcalde Xosé Manuel Rodríguez Méndez (BNG), e o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto (PSdG-PSOE).

En total o Goberno local xestionará o vindeiro ano 2.501.625 €– a falla de engadir as cantidades que se perciban doutras administracións que, neste 2019, fixeron posible que esa cantidade fose case de 5 millóns a través de distintos proxectos-.

Benestar e Servizos Públicos

Un dos eixos fundamentais destes orzamentos será a cantidade destinada a Benestar Social, que aumenta en 121.625 € en relación con este 2019; outro é a aposta polos servizos públicos, que abrangue medidas tan importantes coma a actualización da Relación de Postos de Traballo (RPT), «acordada entre todas as partes»; o aumento do investimento no Servizo de Axuda no Fogar ou a creación dunha bolsa de 20.000€ destinados a subvencións para as Comunidades de Augas.

Neste mesmo senso, o Goberno local facilitará a mellora do saneamento agrantindo este servizo a todas as vivendas, ben polo ‘enganche’ á rede pública municipal ou ben pola subvención para a limpeza de fosas sépticas. Ao mesmo tempo, o servizo estará xestinado de xeito máis eficiente e con fondos propios, o cal permitirá destinar a outros fins cartos doutras partidas que ata agora había que investir de xeito extraordinario.

Medio Ambiente

O goberno de coalición de As Neves da prioridade ao coidado e proteción do medio ambiente e, neste eido, hai que subliñar as achegas a proxectos de mellora de eficiencia enerxética-grazas á reducción do consumo eléctrico no alumeado, coa colación de luces LED- e o impulso, un ano máis, do Plan Revitaliza, que este eno permitiu reducir nun 11% os envíos a SOGAMA.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.