Galicia Vigo al minuto

@bngvigo denuncia que en dez anos 216.000 galegos, 50.000 deles menores de 30 anos, tiveron que emigrar de Galicia

É por iso que o Bloque Nacionalista Galego presentará no Pleno do Concello unha moción esixindo ao Goberno de Galicia «políticas que favoreza o emprego digno e con dereitos para permitir o retorno da poboación emigrada». Así o explicou o seu concelleiro, Xabier P. Igrexas, sinalando que o texto foi proposto pola Plataforma Social Vía Galega.

O conceleliro do Bloque lembrou que dende 2009 «máis de 216.000 galegas e galegos, dos que 80.000 eran mozas e mozos menores de 30 anos, tiveron que abandonar o País pola falla de oportunidades laborais». Neste sentido, Igrexas resumiu o obxecto da iniciativa en demandar «o dereito a termos un traballo digno na propia terra que lle permita ás galegas e galegos desenvolver o seu proxecto de vida».

Para a formación nacionalista a magnitude da vaga migratoria que supón a «expulsión na práctica de millares de galegas e galegos cada ano» constitúe unha verdadeira «emerxencia nacional e social». Emporiso instan o Goberno Feijóo a deixar de darlle ás costas a esta grave problema e a despregar políticas que aposten «no emprego digno e con dereitos» así como medidas concretas para facilitar o regreso das persoas emigradas.

Con ese obxectivo demandan tamén a creación dunha ponencia no Parlamento par abordar especificamente esta situación, cun calendario de traballo claro e con «conclusión vinculantes que se traduzan en medidas políticas».

Con esta proposta o BNG quere confrontar o relato «cínico e case caricaturesco» que utiliza a Xunta para negar o problema da emigración reducíndoa á «mobilidade laboral ou a unha aventura para a mocidade» agochando o «drama real» que provoca.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.