Galicia Vigo al minuto

@bngvigo pregunta ao Goberno de @abelcaballero cando vai a reabrir o Centro de Artesanía Tradicional pechado hai un ano

O BNG interpelou este luns, durante a Comisión de Cultura, o Goberno municipal a respeito da reapertura do Centro de Artesanía Tradicional (CAT). O concelleiro do Bloque, Xabier P.Igrexas, quixo «cando ten previsto volver abrir o CAT, fechado desde o pasado mes de xaneiro», hai xa preto dun ano.

O concelleiro demandou, ademáis, que se aclare en que lugar e con que programación, após se coñecer que a Xunta de Goberno Local decidiu destinar o edificio que sediaba até o momento o centro a outros usos, concretamente da Concellaría de Benestar Social.

O portavoz municipal do Bloque salientou que o CAT era «unha aposta clara da cidade para poñer en valor o acervo etnográfico e a forza da nosa tradición e artesanía» que para alén da súa función expositiva desenvolvía un importante papel na difusión e dinamización.

Para Igrexas a situación do CAT e parte da «desertización cultural» que practica o goberno de Abel Caballero e que está marcada, segundo denunciou, polo «nulo respeito cara todo o que teña a ver coa cultura galega». «En lugar de baixar a persiana dun espazo como o CAT o que tiña que facer a concellaría de Cultura era redobrar esforzos e facer unha aposta decidida pola política cultural», esixiu.

Igrexas ligou a situación do CAT coa renuncia a poñer en marcha o Centro Galego de Fotografía, destinando o seu edificio a ser sede administrativa da Deputación provincial, como exemplos da «desertización cultural» que atravesa a principal urbe galega.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.