Galicia Vigo al minuto

Vigo lidera a volta a casa de milleiros de emigrantes galegos

O secretario xeral de Emigración salientou este mércores en Vigo, durante a visita á nova sede da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno-que está na delegación da Xunta na cidade- a importancia que está a adquirir o retorno de emigrantes galegos na provincia de Pontevedra, que rexistrou no 2018 –último dato completo- a mellor cifra da década, con case 2.100 retornados, dos que arredor do 30% corresponden á comarca viguesa.

«Vigo e a súa área están a capitanear esta volta a casa de miles de galegos», expuxo o secretario xeral, quen destacou que, nos últimos 10 años, á provincia ten rexistrado máis de 12.000 galegos retornados, sinalou  Antonio Rodríguez Mirada, quen estivo acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro.

Miranda lembrou que 2018 foi o «quinto ano consecutivo de crecemento do retorno», con máis de 7.000 galegos que volveron á súa terra, o que sitúa o total da lexislatura por riba dos 18.200 retornados.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.