Galicia Sucesos

O presidente do Porto expulsa «de moi malos modos» ao representante da CIG que ía participar no consello de administración

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo (APV), Enrique López Veiga, expulsou este venres o representante da CIG do edificio onde se ía celebrar o consello de administración do Porto, no que a central ten dereito a participar como sindicato maioritario do comité de empresa. 

A CIG desenvolveu unha mobilización esta mañá no exterior do edificio de sesións do Porto de Vigo para denunciar que non se lle permite participar no consello de administración da APV a pesar de que foi o sindicato máis votado nas últimas eleccións sindicais do ente estatal.

Mentres, a persoa elixida pola central para representala no consello accedeu ao interior das instalacións minutos antes do inicio do consello, «sendo obrigada a saír de moi malos modos polo propio presidente da APV», sinalan dende a CIG.

O que está a acontecer é unha auténtica vergoña, porque non nos permiten participar no consello de administración a pesar de que temos dereito por seren o sindicato con maior representación na APV, cando anteriormente si que estivo representada a UGT e na actualidade CCOO”, critica o secretario comarcal da CIG de Vigo.

A CIG, que acudirá á vía xudicial para facer valer os seus dereitos, censura a actitude de CCOO, “cuxo representante continúa sentado no consello de administración cando non ten lexitimidade, polo que nos preguntamos a quen representa”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.