Galicia Vigo al minuto

@ViaGalega pide intervir no Pleno do Concello de Vigo en defensa de políticas que acaben coa emigración

Representantes da plataforma Vía Galega, que integra máis de 60 entidades sociais e culturais en defensa dos dereitos nacionais de Galicia, rexistraron este mércores unha solicitude de intervención no Pleno da próxima semana en Vigo e unha moción destinada a defender políticas que atallen a emigración coa creación de emprego digno.

Esta iniciativa está enmarcada na campaña «Non emigramos, expúlsannos. Soberanía para crear traballo digno», que se está a presentar en todos os concellos do país.

216.413 emigrantes na última década

Na última década, sinalan dende Vía Galega, emigraron de Galicia 216.413 persoas «con idades comprendidas entre os 16 e 54 anos, das que 79.529 eran mozos e mozas de 16 a 29 anos, por falta de oportunidades laborais no noso país, co que iso significa de perda de poboación».

A «condición periférica e subordinada da economía galega, a destrución de parte importante da base produtiva, a precariedade no emprego e a ausencia de políticas ambiciosas de igualdade e fomento da conciliación» están na base do devalo demográfico do país e do aumento da emigración.

Entre as medidas que recolle a moción está que o Concello de Vigo se dirixa ao Parlamento de Galicia para que tome en consideración a emigración como un drama social, conciba este problema como unha emerxencia nacional e outorgue prioridade ás políticas que ataquen as súas causas, ademais de instar a Xunta a impulsar políticas que aseguren o dereito a un traballo digno e creen as condicións para favorecer o retorno das persoas emigradas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.