Deportes

José Manuel Gil e Belén Rodríguez gañadores do Trail Orixes 2019 na distancia de Maraton

Este domingo pasado celebrouse o III Trail Orixes en Mondariz e os gañadores por distancias foron, en 46 quilómetros, Maratón, José Manuel Gil Bernardez e Belén Rodríguez Vidal; 26 quilómetros Trail: Alex SanMartín González e Aroa Sio Seijo e 14 quilómetros Mini Trail: Antonio Groba Pérez e Vanesa Villar Diéguez.

José Manuel Gil revalida o seu título, logo de gañar o ano pasado na mesma distancia, Aroa Sio gañadora en 2018 na distancia maratón este ano pasouse a distancia Trail facéndose coa victoria na mesma.

O total de participantes foi de 415 entre as tres distancias, esto fai que ano a ano medre o número de corredores que se achegan a Mondariz para disfrutar destas probas, algo que dende a organización «queremos destacar a ampla participación, incluso tivemos que aumentar algunhas prazas na distancia de mini trail xa que moitos corredores quedaban sin a praza «.

Despois de moitos meses de traballo e organización das probas queremos agradecer os participantes que se achegaron a Mondariz para participar nas diferentes distancias, a pesares das condicións meteorolóxicas. A maioría dos participantes destacaron a singularidade dos percorridos onde había treitos moi técnicos e outros máis acaidos, facendo que sexan unhas probas únicas e que sen dubida para o ano repiten, facendo que esta proba se consolide no calendario de trail de Galicia.

Dende a organización destacamos «que sen os corredores non sería posible estas probas, pero tamén sen os voluntarios que estiveron todo o día dando apoio os corredores dende os diferentes avituallamentos así como en diversas partes do recorrido e na meta e saída. Un gran equipo humano que fixo posible que non se producisen incidencias no III Trail Orixes»

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.