Galicia Vigo al minuto

@Xunta anuncia unha liña de 36 millóns en préstamos para empresas auxiliares do sector naval

O presidente do Goberno de Galicia informou este xoves da aprobación dunha nova liña de préstamos para apoiar ás empresas auxiliares do sector naval. O obxectivo, dixo, é apoiar a esta industria, que conta coa segunda maior carteira de pedidos de toda Europa.

Estas axudas, aseverou o presidente Feijóo «facilitarán o financiamento ás empresas da industria auxiliar naval que poidan estar sufrindo atrasos nos pagos debido ás dificultades que atravesan determinados estaleiros galegos». Tal e como subliñou, estarán incluídas no programa de préstamos directos para o financiamento que ten activo o Igape, cun orzamento conxunto de 36 M€ ata 2021.

Ademais, ao longo da súa intervención, o presidente  explicou que grazas a esta liña facilitarase a concesión de préstamos comprendidos entre os 50.000 e 1 millón de euros e indicou que estes contarán cun prazo de amortización de 5 anos.

A ese respecto, sinalou que a previsión é que os apoios melloren a situación financeira dos provedores de bens e servizos dos estaleiros. Do mesmo xeito, Feijóo adiantou que se abrirá inmediatamente o prazo para presentar as solicitudes e seguirá aberto ata finais de 2020.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.