Galicia

‘Sofía’ e ‘Mateo’, os nomes máis frecuentes das nenas e nenos que nacen en Galicia

O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de publicar a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos’ correspondente ao ano 2018, que reflicte que ‘Sofía’ e ‘Mateo’ son os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia.

Os nomes de mulleres máis frecuentes son ‘Sofía’, ‘Noa’, ‘Daniela’, ‘Martina’, ‘Sara’ e ‘Valeria’. Se se compara co 2017, os cinco primeiros continúan na mesma posición mentres que ‘Lucía’ desaparece do sexto lugar e é substituído por ‘Valeria’. Pola contra, se se establece unha comparativa co ano 2008, só se manteñen dous nomes entre os seis primeiros nomes máis frecuentes que son ‘Noa’ e ‘Sara’.

En canto aos nomes masculinos, a estatística mostra que os seis máis frecuentes son ‘Mateo’, ‘Martín’ ‘Lucas’, ‘Hugo’, ‘Leo’ e ‘Daniel’. A mesma comparativa co 2017 reflicte que estes eran tamén os nomes preferentes nese ano aínda que en posicións distintas, agás ‘Enzo’ que desaparece e é substituído por ‘Daniel’. Pola contra, se se establece unha comparativa co ano 2008, só se manteñen ‘Hugo’ e ‘Daniel’.

Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como, entre 2017 e 2018, no caso dos nenos todos os nomes coinciden agás ‘Diego’, ‘Mario’ e ‘Alex’ que no 2018 son substituídos por ‘Nicolás’, ‘Anxo’ e ‘Roi’.

En canto ás nenas, no 2018 soben á lista ‘María’, ‘Lía’ e ‘Mía’ e desaparecen ‘Paula’, ‘Iria’ e ‘Sabela’. Ademais, na actualidade medra a tendencia a empregar nomes galegos tanto para as nenas (‘Noa’, ‘Antía’ ou ‘Uxía’) como para os nenos (‘Brais’, ‘Antón’ ou ‘Anxo’).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.