Galicia Vigo al minuto

Os pensionistas mobilízanse este martes ‘Por unhas pensións dignas e públicas’

O colectivo de xubiladas e xubilados e pensionistas da CIG chama a mobilizarse este martes, día 29, en toda Galicia, dando continuidade á campaña «Por unhas pensións públicas dignas e garantidas».

As mobilizacións están previstas: en Compostela ás 20:00 h. na Praza do Toural; en Vigo ás 19:00 h. na Farola de Urzaiz; en A Coruña ás 19:30 h. no Obelisco; en Lugo ás 19:00 h. na Praza Maior (concello); en Ourense ás  20:00 h. no Parque de San Lázaro (diante do INSS) e en Pontevedra ás 20:00 h. na Praza da Peregrina.

O colectivo denuncia que as pensións galegas son as segundas máis baixas do Estado e que as mulleres son as máis prexudicadas. De feito subliña que un de cada dez pensionistas galegos cobra menos de 415,43€ ao mes.

Por iso exixe a garantía do futuro para as pensións, a fixación, por lei, da pensión mínima igual ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI) e a súa revalorización co ‘precio da vida’ (IPC).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.