Galicia

@obloque propón recuperar a gratuidade dos libros de texto para alixerar o custo de 752€ que supón para as familias galegas a volta ao colexio

A voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego propuxo, nun encontró con responsábeis da CIG-Ensino, recuperar a “gratuidade dos libros de texto ao 100%”, que fora suprimida polo Goberno de Galicia.

Ana Pontón  subliñou que Galicia era un dos territorios coa volta ao cole máis barata de todo o Estado, pero “os recortes que chegaron da man do goberno de  Feijóo cambiaron esta situación» polo que “o Bloque presenta unha batería de medidas no Parlamento para alixeirar a actual carga económica que supón para as familias o inicio do curso escolar, cunha media de 752€ nun país onde os salarios están á cola do Estado”.

Pontón asegurou que “as políticas de Feijóo implicaron unha asfixia do ensino público e en dez anos hai un recorte acumulado de 2.000 millóns de euros, pecháronse 136 escolas unitarias e 876 unidades, e neste curso hai menos docentes que antes da chegada do actual presidente da Xunta”.

A estes datos súmanse os nefastos efectos da LOMCE que favorece un “ensino elitista e clasista que perde o seu carácter laico e a perda de peso do galego na educación pública».

Por iso, o Bloque presenta na Cámara un conxunto de medidas que, ademais de recuperar a gratuidade dos libros de texto, tamén defende a redución da ratio de alumnado por aula en todos os niveis, propoñendo que non supere a cifra de 15 escolares na etapa infantil, 20 na etapa de ensino obrigatorio e 25 nos cursos de bacharelato, incluíndo ao alumnado que repita curso.

No que se refire ao ensino universitario, o Bloque propón incrementar o financiamento das universidades en 30 millóns de auros, á marxe da negociación para un novo plan de financiamento.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.