O Bloque Nacionalista Galego comprende e apoia a protesta dos veciños de Bouzas logo do transcurso dun ano co paseo marítimo inutilizado.
Xabier P.Igrexas, concelleiro do Bloque, criticou que neste tempo a única actuación realizada foi o seu valado que impide o uso do paseo, pero non se fixo nada «para reparar nin para garantir a seguridade», o que priva á veciñanza de Bouzas e ao resto dos vigueses de poder desfrutar dese enclave privilexiado.
Por todo iso, anunciou que se dirixirá de maneira inmediata á Dirección de Costas estatal e interpelará o Goberno municipal para que «informen e expliquen en qué punto está, no caso de que se teña iniciado a súa tramitación, o expediente de cesión do paseo ao Concello».
Igrexas denunciou que o alcalde anunciara a inicios de xaneiro deste ano, nunha mensaxe «electoralista en plena precampaña», que a cesión sería «inminente». Porén, máis de medio anos despois nada se sabe sobre a súa tramitación.
O edil reclamou que Goberno municipal explique con claridade con que prazos está traballando esta cuestión.
