Galicia

Aberto o prazo para solicitar as axudas dos Programas Integrados de Emprego

Os concellos e entidades sen ánimo de lucro de Galicia poden xa solicitar e ata o próximo 22 de xullo as axudas para a posta en marcha dos Programas Integrados de Emprego (PIE).

Trátase dunha iniciativa na que se prevé que nesta edición participen  4.000 persoas desempregadas co “obxectivo de que poidan incrementar as súas oportunidades laborais a través de actuacións encamiñadas á especialización e ao desenvolvemento de medidas que combinen orientación e asesoramento con formación e prácticas”.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria desta iniciativa cun orzamento de 10 millóns de euros entre 2019 e 2020. Os beneficiarios destas axudas recibirán 2.500€ por cada persoa participante no programa.

Ao igual que o pasado ano, nesta edición teñen prioridade os Concellos Emprendedores, é dicir, “aqueles que forman parte do convenio que a Xunta asinou coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para impulsar en Galicia o desenvolvemento de novos proxectos industriais”.

Así mesmo, e ao igual que nas últimas edicións, resérvase orzamento para o desenvolvemento de plans específicos para as mulleres. En concreto, “destínanse dous millóns de euros a esta actuación, o que permite dar continuidade a unha das medidas do plan Emprega en feminino, a folla de ruta do Goberno galego para impulsar a inserción das mulleres no mercado de traballo”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.