Galicia

#28A A participación en Galicia medra 3 puntos pero está un 4,5% por debaixo da media do Estado

A participación nas Eleccións Xerais deste domingo era, ás 2 da tarde, do 36,96% en Galicia,preto de 3 puntos máis que en 2016, cando estaba, á mesma hora, no 34,07%.

Segundo os datos do Ministerio do Interior, a participación en Galicia estaba  a esa hora 4,5 puntos por baixo da media do Estado, que era do 41,49%.

Ate as 2 da tarde votaran xa 828.325 galegas e galegos, fronte a 769.308 das Eleccións Xerais de 2016.

Por provincias, na de A Coruña votaran o 36,64%-unha participación 3 puntos maior que hai case tres anos- en Pontevedra, o 37,70% – en total 1,85% máis que en 2016; en Lugo o 35,21%- un 4% máis que nas anteriores  Eleccións Xerais- e en Ourense o 37,87% – un 3% por riba de 2016-.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.