Destacados Vigo al minuto

@MareaVigo pide a activación inmediata dun protocolo anti-desafiuzamentos por parte do Concello

O Grupo municipal da Marea de Vigo vén de insistir na necesidade da creación dun ‘Parque Municipal de Vivenda’, así como na activación dos protocolos tanto para a prevención dos desafiuzamentos coma de atención das persoas afectadas polos mesmos.

O voceiro da formación subliña que esta medida é urxente ante a “incesante perda de vivenda por parte de ducias de familias na nosa cidade”.

Compostela

Marea de Vigo pon como exemplo o Protocolo de actuación implantado no Concello de Santiago, no que o propio concello ofrece unha serie de medidas e axudas coma a mediación e o acompañamento, asesoramento legal necesario, trámite urxente das axudas sociais así como a protección destas persoas no caso de chegar a executarse o desafiuzamento.

Proposta de hai tres anos

Rubén Pérez lembra que o pasado mes de maio do 2016 Marea de Vigo presentou unha moción na que se pedía a creación do devandito Parque de Vivenda Municipal. Esta moción foi rexeitada polos votos do PSOE.

Protocolo anti-desafiuzamentos

O voceiro de Marea de Vigo urxe a a poñer xa en funcionamento un protocolo anti-desafiuzamentos ante os casos están xurdindo día tras día.

Xa non soamente son desafiuzamentos derivados de hipotecas con bancos, senón que cada día aumentan os casos de impagos de alugueres entre particulares, cuestións nas que en moitos casos ferramentas como a mediación e o acompañamento poden resultar realmente eficaces”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.