Cultura Vigo al minuto

@depo_es abre o prazo para participar na xornada anual da Escola de Igualdade María Vinyals

Dende o pasado venres, está aberto o prazo de inscrición para asistir á xornada anual da Escola de Igualdade María Vinyals que, neste 2019, centrarase en “Muller e poder”.

A actividade, que terá lugar o mércores 3 de abril e para a que é xa posible inscribirse a través da web da Deputación, contará coa presenza de “grandes mulleres a nivel galego e nacional” da talla de Laura Freixas, Berta Fernández, Altamira Gonzalo, Montserrat Boix, Desirée Vila e África González.

“Muller e poder” ten por obxectivos trasladar “de xeito práctico todo o que significa e implica ser muller en diferentes ámbitos de poder dende a ciencia e a tecnoloxía, a cultura, a empresa, o deporte, os medios de comunicación ou a política”, asegurou a presidenta da Deputación.

Carmela Silva salientou que, “as conferenciantes achegarán as súas experiencias, sinalando os obstáculos que dificultan o acceso a espazos de decisión e postos de responsabilidade, e reflexionarán sobre novos estilos de liderado onde temos que ter o 50% do protagonismo”.

Para participar na xornada, dirixida a persoal da administración local, persoal dos CIM, persoas que traballan a favor da igualdade e contra as violencias machistas así como homes e mulleres interesados e interesadas, está xa dispoñible un formulario web en https://www.depo.gal/escola-de-igualdade-maria-vinyals/xornada-muller-e-poder.  As prazas cubriranse por orde de inscrición ata completar o aforo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.